Friday 17 de May de 2024

O Concello de Lousame abre o prazo de preinscrición no programa Lousame Concilia para o curso 2022/2023


O servizo prestarase a partir do 8 de setembro no CPIP Cernadas de Castro en horario de 7:30 a 9:00 horas

O Concello de Lousame abre hoxe venres 15 de xullo o prazo de preinscrición no programa “Lousame Concilia”, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante o curso 2022/2023. O servizo empezará a prestarse dende o 9 de setembro, en horario de 7:45 a 9:00 horas.

O prazo de preinscrición estará aberto ata o próximo 20 de xullo no Departamento de Servizos Sociais de Lousame, en horario de 08:30 a 14:30 horas. Os impresos poden recollerse nos Servizos Sociais de Lousame ou descargarse directamente da web municipal (www.concellodelousame.gal).

Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia. O Concello de Lousame lembra que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos en datas concretas durante o curso escolar. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494.